A arte de trobarSantiago Lopo

A arte de trobar

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Santiago Lopo

Editorial: Xerais

Desde 19,90 €
A arte de trobar—
19,90 €

No século XIII, unha '' troupe '' de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga. '' A arte de trobar '' é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego e occitano. Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, '' A arte de trobar '' constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.

Ficha del libro

Año de edición
2017
Idioma
Gallego
Categoría
Narrativa
ISBN
9788491212737

Envíos y devoluciones