A busca da orixe perdida das especiesCristina Pavon

A busca da orixe perdida das especies

Bajo pedido

Te llega entre el 16 y el 26 de noviembre

Desde 9,70 €
A busca da orixe perdida das especies—
9,70 €

Nunha viaxe polo vasto océano da memoria, Cris Pavón percorre diferentes camiños para rescatar aquelas lembranzas esquecidas que deixaron unha grande pegada nas súas personaxes. Nos cinco relatos que conforman ?A busca da orixe perdida das especies? a autora reflexiona sobre un tempo agochado no fondo da consciencia. Se en ?Sara e os años? e en ?culler, culler, culler? remón- tase á infancia cos desacougos de frustrantes experiencias vividas no seo familiar, en ?Máquina de Proust? acada un tempo futuro no que os adiantos tecnolóxicos conseguen facilitar os máis arelados recordos ao xeito dunha memoria involuntaria. ?O pomo da porta do paraíso era unha castaña? reflicte o medo á perda da inocencia e un primeiro desengano que vai perdurar ao longo da existencia. E como maduro corolario que da nome a obra, en ?A busca da orixe perdida das especies? xoga a establecer paralelismos entre a vida e pensamento do naturalista Charles Darwin e os do escritor Marcel Proust, ambos os dous fornecedores de claridade sobre a nosa condición humana, na que tempo e memoria xogan un papel crucial. Deixémonos mergullar nestes relatos onde a memoria, por fin, atopa o que buscaba.

Ficha del libro

Año de edición
2015
Idioma
Gallego
Categoría
Novela
ISBN
9788484872719

Envíos y devoluciones