A Dama de AnbotoRober Cagiao

A Dama de Anboto

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Rober Cagiao

Editorial: Calacan Libros

Desde 18,35 €
A Dama de Anboto—
18,35 €

Ao entrar na cova de Anboto, nos montes de Euskadi, pódeste atopar coa deusa Mari, unha fermosa muller que habita nela. Cómpre que sexas sincero se che pregunta, porque se lle mentes quitarache o que negues. Porén, se lle dis a verdade, concederache o que máis desexas. O cadáver dunha muller aparece moi preto de Portomarín, Lugo. A inspectora Galdós e o seu compañeiro Martín Lasarte descobren que a súa identidade se correponde coa de Deva Varela, desaparecida en Arrasate, Guipúscoa, no solsticio de verán sete anos atrás. Agrándase o misterio ao saber que a súa irmá, Amalur, tamén desapareceu na mesma data, vinte e oito anos antes, no monte de Anboto. A investigación policial levaralles de Galicia a Euskadi para descubrir que se agocha tras tantos anos de silencio. Que lle sucedeu a Amalur? É posible que aínda siga con vida? Cada vez hai máis interrogantes, máis a verdade está a piques de saberse e ninguén está preparado para ela. Ou si? si?

Ficha del libro

Año de edición
2025
Idioma
Gallego
Categoría
Terror y misterio
ISBN
9791399044300

Envíos y devoluciones