A galiña roxaPilar Martinez

A galiña roxa

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Pilar Martinez

Editorial: Kalandraka

Desde 14,30 €
A galiña roxa—
14,30 €

''A galiña roxa'' é un conto tradicional moi estendido no mundo anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presente na vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre dan bos froitos- fronte á insolidariedade e á nugalla de quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente do traballo alleo. A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gato durmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos que definen os personaxes- que non está no seu ánimo colaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller, moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorren nunha longa liña de tempo, a través das estacións, polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidades de quen só se interesa por obter resultados inmediatos.

Ficha del libro

Año de edición
2012
Idioma
Gallego
Categoría
Infantil: de 0 a 2 años
ISBN
9788484648093

Envíos y devoluciones