A lolaManuel Ayán

A lola

Bajo pedido

Te llega entre el 16 y el 26 de noviembre

Autor: Manuel Ayán

Editorial: Laiovento (ibd)

Desde 10,20 €
A lola—
10,20 €

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da 2º República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o ''pasado non ausente'': polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a condicionar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e regresan casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de igualdade e liberdade democrática.

Ficha del libro

Idioma
Gallego
Categoría
Teatro
ISBN
9788484873938

Envíos y devoluciones