
A obra dramatica de roberto vidal bolaño
Bajo pedido
Te llega entre el 16 y el 26 de noviembre
Autor: Xose Manuel Fernandez Castro
Editorial: Laiovento (ibd)
A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño é o relato da carismática procura dunha poética teatral propia. O libro traduce en termos divulgativos unha complexa aventura artística seguindo o rastro dun creador xenial que ilumina os vinte e cinco anos finais do segundo milenio. Neste alambique destílase un insólito fenómeno cultural colectivo, metonimia da vitalidade dun ambiente social ben próximo aínda que xa admite unha visión histórica. O volume iníciase reivindicando o valor do autor e reconstruíndo a súa carreira para logo catalogar e clasificar as súas obras, avanzando unha lectura temática dos proxectos en que empeñou a vida. A proposta remata esgotando a análise dun proxecto, a primeira superprodución plenamente galega, Agasallo de sombras. Deste modo supérase o perfil externo e penétrase no obradoiro creativo do autor mediante a reconstrución virtual dos procesos de creación e explotación escénica e a análise dos textos desde dous focos complementarios, o dramatolóxico e o teórico-crítico.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2015
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Teatro
- ISBN
- 9788484872849
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







