
As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen ''A parte fácil'' aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes... A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis. Os contos de ''A parte fácil'' conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2023
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Narrativa
- ISBN
- 9788411102575
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







