
A que sabe a lúa? XL
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Michael Grejniec
Editorial: Kalandraka
Unha edición grande e acartonada do clásico ilustrado, agora en galego, ideal para contar e compartir. ''A que sabe a lúa '' é, sen lugar a dúbidas, unha das publicacións máis emblemáticas do catálogo de Kalandraka. Desde a súa publicación en 1999, máis de 500.000 exemplares deste relato de solidariedade e soños compartidos teñen viaxado a fogares, escolas ou bibliotecas nos diferentes idiomas nos que foi editado: galego, castelán, català, euskara, portugués, inglés, italiano... Kalandraka achéganos agora en lingua galega este clásico contemporáneo nun novo formato en cartoné e tamaño excepcional, ideal para ler en grupo e que de certo se converterá nun recurso imprescindible para mediadoras, escolas e bibliotecas. ''A que sabe a lúa '', escrito e ilustrado polo autor e ilustrador polaco Michael Grejniec, é un libro especialmente recomendado para primeiros lectores. Basea a súa estrutura nas repeticións e na acumulación de personaxes, un recurso moi frecuente na literatura de tradición oral. Esta obra convida a ser contada, conseguindo unha grande interacción entre o narrador e os receptores.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2024
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Infantil: de 0 a 2 años
- ISBN
- 9788413433141
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







