
A soidade do asasino
Bajo pedido
Te llega entre el 16 y el 26 de noviembre
Autor: Carlos G. Reigosa
Editorial: Xerais
A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza teatral, cando os dous comezan a falar, sucede algo inevitable e prodixioso: deixan de ser dous descoñecidos! Xa non son os estraños que eran, porque, con verdades e mentiras, van descubrindo as súas identidades. Isto condiciona a acción, demora os feitos e pon sobre o escenario a esencia dunha ''nova relación'' que progresa cara a un final incerto. Pode o asasino deixar de selo? Non, mentres sinta que esa é a súa profesión e o seu compromiso. Pode a vítima evitar o seu destino fatal? Non, se non é capaz de cambiar a correlación de forzas de partida. En '' A soidade do asasino '' todo sucede nun escenario único, mentres as ideas que flúen e conmoven están nas cabezas desas dúas persoas que avanzan por un vieiro descoñecido cara a un destino tan sorprendente como inevitable.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2018
- Categoría
- Literatura infantil: de 0 a 12 años
- ISBN
- 9788491213284
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







