
Alma e o mar
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Francisco X. Fernández Naval
Editorial: Galaxia
Alma e o mar que cura as súas feridas impronunciables. Alma que podería ser calquera muller que día a día se fixese forte ante as discriminacións. Alma que vai de Nova York á Costa da Morte para descubrirse a si mesmo e aprender a esquecer. Mulleres fortes e valentes, loitadoras nun mundo hostil: Branda, Áurea, Nora, Silvia e Alma, tamén Alma. Mulleres que non se pregan, que se erguen de cada vez, unhas para reconstruír as vidas, outras para seguir. Vítimas de inxustizas, abusos, violencia verbal e física: laboral, xexual, social, familiar... Alma e o mar é unha novela en que se tecen un thriller, a reivindicación feminista e o retrato dunha protagonista que non quere ser heroína e que nos amosa a afouteza dunha muller do noso tempo.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2017
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Literatura
- ISBN
- 9788491510864
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones



