
Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Salvador García Bodaño
Editorial: Xerais
Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada en catro seccións. A primeira ''Oracións para os vosos nomes'', susceptible de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte e da literatura galega. As tres restantes seccións, ''Pregoeira da ledicia'', ''O teu corpo florido'' e ''Ausencia e noiva baixo raíces'', constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire matices de universalidade. Poesía nos dous casos, como quería Worsworth, da emoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas activas da conciencia.O segundo poemario, Tempo de Compostela, está formado por tres seccións, que levan por título ''Poemas diacrónicos'', ''Poemas contemporáneos'' e ''Poemas nominados'', ás que lles hai que engadir tres textos limiares e un texto epilogal. Tempo de Compostela comeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelán que viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de ''belas composicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculos ata estes nosos días de hoxe'', isto é, dos poemas que integran a obra. Deste xeito atopa xustificación a presencia dos ''poemas diacrónicos'', compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados das diferentes etapas da historia da literatura galega, desde a Idade Media ata a actualidade.O presente volume é unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño que abala entre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, un lirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literatura e máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2002
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Literatura clasica
- ISBN
- 9788483028353
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







