AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OíRMaría Reimóndez

AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OíR

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: María Reimóndez

Editorial: Xerais

Desde 24,45 €
AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OíR—
24,45 €

A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado. '' As cousas que non queremos oír '' explora o alleamento, os límites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer. Nesta nova entrega do '' Ciclo dos elementos '' , Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de '' En vías de extinción '' , '' A música dos seres vivos '' e '' Dende o conflito '' , '' As cousas que non queremos oír '' transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.

Ficha del libro

Año de edición
2017
Idioma
Gallego
Categoría
Narrativa
ISBN
9788491212959

Envíos y devoluciones