As fauces ferocesEmma Pedreira Lombardía

As fauces feroces

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Desde 14,65 €
As fauces feroces—
14,65 €

Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso. Benedetta próstrase ante Bartolomea e esta acouga canda o corpo da monxa compañeira. A través dos séculos que as afastan, as catro mulleres e unhas quinta e sexta que se intúen, compoñen un tapiz reflexivo sobre a maternidade, a sexualidade, a diversidade nos afectos e o libre albedrío. Unha composición feroz e íntima, desde o interior de catro mulleres que falan entre elas e sobre elas como o farían consigo mesmas, para procurarse. Entre a ficción e a realidade histórica, As fauces feroces enlaza unha reflexión actual sobre a relación nai-filla co histórico proceso á monxa italiana Benedetta Carlini durante a Contrarreforma.

Ficha del libro

Año de edición
2019
Idioma
Gallego
Categoría
Narrativa
ISBN
9788499953199

Envíos y devoluciones