
As miñas estúpidas ideas
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Bernardo Zannoni
Editorial: Rodolfo e Priscila
Archy é unha garduña. Naceu unha noite de inverno nunha tobeira escura, canda os seus irmáns. A seu pai matouno o home, e súa nai ten que criar soa a camada nun bosque cheo de perigos. Os animais deste libro sentan á mesa para comer, dormen en camas e acenden o lume cando teñen frío, pero o seu destino réxese polas leis da natureza: Archy fica ferido despois de intentar roubar un niño de xílgaros e, a causa da súa debilidade, a nai véndeo por unha galiña e media. O novo dono de Archy é un vello raposo. Con el, Archy aprende a ler e a escribir, descobre a morte e a Deus. Aguilloado por novos desexos e misterios, a súa conduta torna cada vez máis humana, aínda que atrapada polo instinto animal. Velaquí unha escritura en estado de graza, unha novela atemporal, un clásico instantáneo que ofrece a quen le unha nova perspectiva sobre a existencia, coma se un atribulado personaxe de Camus protagonizase unha película de Pixar.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2023
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Narrativa
- ISBN
- 9788412456288
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones

