
As ondas
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: María Cuquejo, Virginia Woolf
Editorial: Galaxia
Esta novela consegue expresar con meirande intensidade e beleza a complexidade da experiencia humana. A novela acada unha forma de narrar que racha os arquetipos literarios, descrubrindo unha linguaxe nova, aberta ás sensacións e ás emocións, pero sen perder a capacidade de reflexión, a ironía e o pulo narrativo das grandes obras. A vida dun grupo de amigos, desde a infancia ata a mocidade e a idade adulta, centra a historia que Virginia Woolf conta dunha maneira diferente e nada convencional. A escritora inglesa logra atinguir unha prosa chea de matices e tonalidades, cunha expresión sensitiva fóra do común, para condensar nunha obra de ficción a experiencia humana nas súas facetas múltiples e contraditorias.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2004
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Literatura
- ISBN
- 9788482887227
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







