As sete mortes de leopoldo pardoJorge Emilio Bóveda

As sete mortes de leopoldo pardo

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Jorge Emilio Bóveda

Editorial: Xerais

Desde 19,90 €
As sete mortes de leopoldo pardo—
19,90 €

Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia... Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en '' Asasinato no centro comercial '' e continuadas en '' A morte vén en chancletas '' . « '' As sete mortes de Leopoldo Pardo '' é unha das mellores obras do autor ourensán, na que se conxugan a ironía, un pouso tolo de obras de Vicente Risco e Curros Enríquez, e unha análise revelada da putrefacción nos comportamentos sociais de hoxe en día.» (Herminio Espada Gómez) «Unha revisión moderna do '' Divino Sainete '' , unha homenaxe secreta á novela '' Drácula '' , chea de simbolismos e chiscadelas a dúas culturas: a galega e a popular. En definitiva, outra xanela aberta nas letras galegas.» (Francisco Roque Brito)

Ficha del libro

Año de edición
2018
Idioma
Gallego
Categoría
Narrativa
ISBN
9788491213055

Envíos y devoluciones