
As vidas do río
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Xulio Teixeira Rodríguez
Editorial: Galaxia
Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado. Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro deberá resolver unha serie de crimes onde os intereses políticos, económicos e relixiosos chocan coa sorprendente realidade de Semana Santa. As vidas do río é unha novela de suspense que fai que o lector sinta a forza de atracción dunha cidade actual, viva e máxica, onde as emocións animarán o seu camiño para coñecela a través duns acontecementos tráxicos, neste relato vertixinoso en que as pezas van encaixando con precisión para chegar a un insólito final.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2024
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Literatura
- ISBN
- 9788411761925
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones

