
BALEA é un gran mural de dobre cara, pregado coma un acordeón, que representa unha enorme balea metálica sumerxida no fondo do mar, xunto con algas, peces de vivos colores e outras criaturas acuáticas. Ao seu arredor, uns simpáticos buzos de traxe amarelo, protagonistas mudos deste libro-obxecto visual. Ao xirar a folla cambia a perspectiva dos lectores, que observan o interior do artiluxio, dividido en numerosas estancias. E aí onde entra en xogo a imaxinación, para recrear que sucede na sala de control do cetáceo mecánico, que preparan na cociña, de qué falan os encargados do horto, en que traballan os operarios do taller... E así en moitas máis salas: ximnasio, dormitorios, despensa...
Ficha del libro
- Año de edición
- 2015
- Idioma
- Español
- Categoría
- Infantil: de 5 a 6 años
- ISBN
- 9788484649779
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones






