Cociñando ao pé da letraYolanda Castaño Pereiras, Andrea Costas Lago

Cociñando ao pé da letra

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Desde 23,65 €
Cociñando ao pé da letra—
23,65 €

Editorial Galaxia publica Cociñando ao pé da letra, unha orixinal proposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Un libro que demostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos. Un texto para saborear as palabras ben escritas en receitas contadas doutra maneira. Un libro, en definitiva, que repara no vencello estreito entre os verbos cociñar e escribir. En palabras de Yolanda Castaño: ''Vinte e unha escritoras e escritores galegos, coa máxima diversidade en canto a sexo e xeración, xénero literario e ata zona xeográfica. Homes e mozas, rapaces, señoras, da aldea, na cidade, na costa, do interior. Son algunhas das máis representativas e puxantes voces das nosas letras actuais. Autoras de ensaio e de literatura dramática, narradores, poetas, cultivadores de literatura infantil e xuvenil. Unha variada riqueza a través de ollos multiplicados, a través de perspectivas o suficientemente plurais''. Os escritores e escritoras que cociñaron para este libro foron Anxos Sumai, Helena Villar Janeiro, Celso F. Sanmartín, Carmen Blanco, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Fina Casalderrey, Xavier Rodríguez Baixeras, Marga do Val, Xabier P. Docampo, Xosé María Alvarez Cáccamo, Chus Pato, Xavier Castro, Xabier Cordal, Lucía Aldao, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Cándido Pazó, María Reimóndez, Antón Lopo e Manuel Lourenzo.Entra na literatura... ata a cociña

Ficha del libro

Año de edición
2011
Idioma
Gallego
Categoría
Gastronomia
ISBN
9788498653526

Envíos y devoluciones