Comunicación en lingua galega N2F. David Paz Lafuente

Comunicación en lingua galega N2

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Desde 20,75 €
Comunicación en lingua galega N2—
20,75 €

Acadar os coñecementos necesarios en lingua galega tórnase fundamental á hora de adquirir un desenvolvemento pleno das competencias lingüísticas que teñan como finalidade a correcta utilización do idioma en todos os contextos e ámbitos, promovendo, deste xeito, a súa normalización e prestixio social. Este manual recolle a identificación dos trazos propios da lingua e os coñecementos para a súa utilización nos distintos ámbitos sociais, diferenciando as estruturas máis complexas das máis simples. No plano oral é preciso coñecer as distintas clases de palabras acompañadas da espontaneidade, repeticións e emotividade que caracteriza a fala cotiá dentro do contexto comunicativo. No plano escrito é importante que o alumno consiga identificar as ideas fundamentais e establecer un discurso coherente e de adecuada corrección ortográfica, coa finalidade de garantir unha escrita fluída. Esta obra completa, que inclúe casos prácticos para facilitar a comprensión do contido e diversas actividades para a avaliación da súa aprendizaxe, resultará unha ferramenta imprescindíbel para identificar os trazos definitorios da lingua galega aplicados á comunicación oral e escrita da nosa realidade lingüística cotiá. Ademais, trátase dun material didáctico de apoio que lle axudará a preparar as probas de competencia en lingua galega necesarias para acceder ás accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade de nivel 2.

Ficha del libro

Año de edición
2015
Idioma
Gallego
Categoría
Metodo idiomas, filologia y lingüística
ISBN
9788498395617

Envíos y devoluciones