Contos por palabrasAgustín Fernández Paz

Contos por palabras

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Desde 11,20 €
Contos por palabras—
11,20 €

Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. '' Unha chave non é suficiente '' é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que '' se duplica calquera chave, con ou sen mostra '' . '' O caso do unicornio azul '' conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. '' Vanesa e o anuncio da televisión '' conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. '' Un artista de neón '' : un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. ¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato '' O caso do estraño empregado '' ? Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en '' Ser superheroe non é doado '' e '' Noites de lúa chea '' . '' O libro das infinitas historias '' , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

Ficha del libro

Año de edición
2011
Idioma
Gallego
Categoría
Juvenil: mas de 12 años
ISBN
9788499141558

Envíos y devoluciones