Cultura e politica na galicia do seculo xxRamón Villares

Cultura e politica na galicia do seculo xx

Bajo pedido

Te llega entre el 16 y el 26 de noviembre

Autor: Ramón Villares

Editorial: Galaxia

Desde 28,80 €
Cultura e politica na galicia do seculo xx—
28,80 €

Este libro analiza as relacións entre cultura e política na construción de Galicia como nación cultural no século XX. A idea central é explicar a forte hexemonía da cultura e a súa acción política nos momentos máis decisivos da historia contemporánea galega, desde a aparición da xeración Nós ata a transición democrática e o nacente réxime autonómico. A partir de fontes ata agora pouco empregadas, nomeadamente epistolares, reconstrúense algunhas biografías intelectuais e analízase a fundación de grupos e institucións culturais, prestando especial atención ás relacións entre os núcleos de oposición no interior peninsular e co exilio americano. Dúas figuras, Luís Seoane e Ramón Piñeiro, encarnan os dous polos desas relacións, con disensos que non foron rupturas, entre os ''heroes calados'' do interior e os ''emigrantes dun país soñado'', desde o exilio. Alén de ofrecer algunhas análises sobre a xestión da cultura, este libro axuda a entender a Galicia actual, en perspectiva comparada e nun contexto europeo e americano.

Ficha del libro

Año de edición
2021
Idioma
Gallego
Categoría
Ensayos
ISBN
9788491516132

Envíos y devoluciones