Dos afectos, o ríoSofia Ruvira

Dos afectos, o río

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Sofia Ruvira

Editorial: Galaxia

Desde 19,20 €
Dos afectos, o río—
19,20 €

Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus. Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero investigar tamén é aprender a mirar de novo, e hai memorias que, cando se abren, cambian para sempre a maneira en que entendemos os afectos, a familia e a nós mesmas. Dos afectos, o río reflexiona sobre o que herdamos, sobre os silencios familiares e sobre a difícil tarefa de coñecer e recoñecer a verdade cando esta tamén doe. Porque hai historias que se esquecen e outras que se calan, pero que cando as descubrimos xa non nos permiten mirar para outro lado.

Ficha del libro

Año de edición
2026
Idioma
Gallego
Categoría
Literatura
ISBN
9788411766456

Envíos y devoluciones