
Espigas queimadas
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Pablo J. Rañales
Editorial: Calacan Libros
Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. Mais coa luz do amencer o calor asfixiantes de agosto agroma unha pregunta: Que fixo chegar ate ese extremo a unha parella que se amaba? Atrapados nun tempo que se dobra a si mesmo, Alba e Rafael veranse obrigados a revivir, unha e outra vez, as fendas da súa relación: o desexo murcho, a culpa, os resentimentos. Pero o que acontece nas entrañas da casa rural vai máis alá do conflito de parella: hai unha forza que organiza o horror e o repite para quebralos. Espigas queimadas é unha novela de terror psicolóxico cosida dende a claustrofobia. Unha historia que explora a lóxica dos bucles emocionais, o impacto do turbocapitalismo nos nosos corpos e mentes e a imposibilidade de fuxir de certas dinámicas afectivas.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2026
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Narrativa
- ISBN
- 9791399044348
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones



