
Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas. A través dos recordos da avoa e das preguntas que fan as nenas Ana e Mariña, abórdanse temas como o coñecemento e respecto polas tradicións, a importancia do esforzo, a valoración da lingua galega, a igualdade de xénero, o compañeirismo, a tolerancia, a xustiza, a paz, o coidado do medio ambiente, o fomento da lectura... A avoa sabe que «recordar é volver vivir».
Ficha del libro
- Año de edición
- 2023
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Infantil: de 7 a 9 años
- ISBN
- 9788411104074
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







