Feijóo. Biografía dun farsanteManuel Monge González

Feijóo. Biografía dun farsante

Bajo pedido

Te llega entre el 16 y el 26 de noviembre

Desde 25,45 €
Feijóo. Biografía dun farsante—
25,45 €

Difúndese que Alberto Núñez Feijoo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante, etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijoo é un farsante: ''hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro'', segundo o Diccionario Xerais de sinónimos.Feijoo manifestaba: ''No tengo intención de pactar con Vox, y no lo haré, es un partido que está contra Galicia''. Hoxe é un valedor de pactos e gobernos de coalición con Vox e asume o discurso da extrema dereita.Pode dicir unha cousa hoxe, mañá outra e ao día seguinte todo o contrario. En Ourense cualificaba como ''letal'' a posibilidade dun pacto cono Gonzalo Pérez Jácome. Despois mantiña a Jácome como alcalde porque ''garantiza la estabilidad''. Feijoo é un ''marxista'' (de Groucho Marx) convencido: ''Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros''.O libro pode ser útil para coñecer as ''amizades perigosas'' de Feijoo;que fixo como presidente da Xunta de Galiza en educación, sanidade, servizos sociais, medio ambiente ou desenvolvemento económico. Lectoras e lectores terán información para comprobar que Feijoo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno.Existen outras biografías sobre Feijoo. Esta é unha biografía non autorizada, que ten pouco de literatura. É un libro de consulta, que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita e conseguir que non gobernen nin en Galiza, nin no Estado, así de claro.

Ficha del libro

Idioma
Gallego
Categoría
Biografias
ISBN
9788484876465

Envíos y devoluciones