
Instrucións para tomar café
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Manuel Núñez Singala
Editorial: Galaxia
Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un ''libro de instrucións'' para non galegos dirixido precisamente a estes. Así, algúns títulos que falan de seu: ''Cocido familiar'', ''Amputado'', ''Gastronomía transfronteiriza'', ''Poesía oriental'', ''Instrucións para parecer intelixente'', ''Instrucións para parecer galego I, II e III'', ''Instrucións para falar do tempo'', ''Sacrificio'', ''Competencia'' e ''Pro - dutividade''. Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2014
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Literatura
- ISBN
- 9788498655513
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







