
Lume no ceo
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Pere Tobaruela, Víctor Boullon
Editorial: Baia
Dentro de cen anos. A Terra vive momentos convulsos desde hai tempo, habitada por seres con poderes especiais e sen escrúpulos que loitan por controlar o planeta. Os TREBELLOS CA, RU e XEM, única UNIDADE DA GARDA TERRÁQUEA supervivente da GUERRA INFINITA, son o último reduto de esperanza do noso mundo. *** Con esta sinopse Pere Tobaruela inicia Lume no ceo, a primeira entrega de Trebellos, unha serie protagonizada por robots cunhas características moi peculiares que vivirán aventuras terrestres e interestelares para garantir a supervivencia do noso planeta, danado pola acción humana ata estremos perigosos. O ilustrador Víctor Boullón dá vida a estes seres robóticos, creados para defender o noso mundo contra outras máquinas que queren impor o seu dominio na Terra, levándoa case ata a aniquilación. A serie Trebellos é unha aventura literaria que serve para gozar da lectura, pero tamén para poñer enriba da mesa o cada vez máis incerto futuro do noso planeta.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2019
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Literatura infantil: de 0 a 12 años
- ISBN
- 9788499953267
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







