Mister magnoliaQuentin Blake

Mister magnolia

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Quentin Blake

Editorial: Kalandraka

Desde 16,35 €
Mister magnolia—
16,35 €

''Míster Magnolia'' é un clásico de Quentin Blake publicado en 1980 e galardoado con importantes premios;un relato rimado cuxo protagonista é un simpático personaxe co que os lectores poden enumerar, do 1 ao 10, distintos elementos que o rodean. De ton alegre e contaxioso, a historia de Míster Magnolia destaca polo humor e a sucesión de disparatadas anécdotas que ocorren, entre as que -a modo de retrouso- se repite a ausencia dunha bota nun dos seus pés. Todo cambia coa chegada, por sorpresa, dun paquete envolto en papel de agasallo... Polo seu ritmo acumulativo, a repetición de estruturas narrativas e o carácter descritivo das ilustracións, ''Míster Magnolia'' é un álbum ideal para practicar a lectura en voz alta, facilitando a participación do público. As imaxes resaltan sobre un fondo branco e chaman a atención polo seu variado e intenso colorido, a profusión de detalles, e os trazos imperfectos que enfatizan a expresividade e o dinamismo de cada escena.

Ficha del libro

Año de edición
2016
Idioma
Gallego
Categoría
Infantil: de 0 a 2 años
ISBN
9788484642503

Envíos y devoluciones