
As vicisitudes diarias dunha visita a Alemaña en 1930. As convulsións sociais dunha Europa en crise vistas a través da intelixencia dun home de pensamento orixinal e independente. Un dos libros máis vivos e suxestivos de Vicente Risco, un diario no que o teórico do nacionalismo galego nos vai dando, ademais do relato dos sucesos que viviu, as impresións que estes causan e as moitas e orixinais ideas que lle suxiren. Escrito nunha prosa dunha enxebreza sintáctica dificilmente igualable, contén ademais toda a orixinalidade, a independencia e a agudeza características do pensamento do escritor galego.
Ficha del libro
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Literatura
- ISBN
- 9788471544889
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







