
O ano das mazás
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Montserrat Ferreira Fervenza
Editorial: Xerais
É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia. Agora, nin iso, xa non hai mondas porque os ricos nos as tiran, gárdanas para cear cun chisco de aceite. Non é así en Vilaveiga -unha aldea morriñenta de montaña-, onde teñen mazás a rego cheo para dar alivio a bandullos de xente e animais: reinetas, mazás de sidra, riscadas, con becho, sen becho, amarelas, verdes e ata golden, que non son autóctonas, pero Andrés ''o Parviño'' rilla nelas con pracer. Chegado un momento, na aldea comezan a suceder unha serie de acontecementos que fan espernexar até a mesma terra: Henrique ''o do estraperlo'' trae consigo unha escolma de libros, unha familia de herexes protestantes alugan a casa grande, e Adelaida, unha neniña con anemia, aprende a ler...
Ficha del libro
- Año de edición
- 2023
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Ficcion
- ISBN
- 9788411103312
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







