
O couto mixto. Aspectos folclóricos
Bajo pedido
Te llega entre el 16 y el 26 de noviembre
Autor: José Rodríguez Cruz
Editorial: Laiovento (ibd)
Título: O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS.Subtítulo: RELATOS, CONTOS E LENDAS DE TRADICIÓN ORAL.Atopar un tesouro é sentir a emoción de enlazar o presente co pasado máis valioso. Así é o traballo de José Rodríguez Cruz, un tesouro que recupera o patrimonio esvaecido do mundo máxico do Couto Mixto, da súa cultura sentimental.Na noite estrelecida galega aparece este fermoso libro que recolle anacos da Antropoloxía cultural e das lendas deste recuncho do mundo raiano, galego-trasmontano. Sen el, o Couto Mixto quedaría eivado do seu máis xenuíno relato, o das historias e contos tantas veces repetidos ao quente do lume duns rachóns de carballo. Retorna así o arrecendo íntimo das casas que un día tiveron gravadas nas lumieiras das portas, o ''E'' de España, o ''G'' de Galicia ou o ''P'' de Portugal. A teimosía das metrópoles, hispana e lusa, por esnaquizar os dereitos seculares das xentes do Couto Mixto, deu na desaparición destes sinais.Este territorio bretemoso -que para os seus moradores naceu dunha lenda, o favor dos veciños a unha raíña fuxida que deu a luz na invernía, ao amparo da calor da veciñanza- tamén comparte cos pobos da contorna o patrimonio inmaterial e xenético da Raia fronteiriza.Luís Manuel García Mañá
Ficha del libro
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Mitos, leyendas y sagas
- ISBN
- 9788484874072
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones

