O país do gran furadoXerardo Quintiá Pérez

O país do gran furado

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Xerardo Quintiá Pérez

Editorial: Baia

Desde 14,65 €
O país do gran furado—
14,65 €

Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019). «O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade. Ademais, a resolución de conflitos desde unha perspectiva pacifista e a través da palabra, nunha historia na que Toribia e a súa banda de punk son quen de axudar a outras mulleres, é outro dos grandes acertos deste texto paródico, distópico e humorístico». O conto emprega a poesía narrativa como recurso moi apropiado para que o público lector ao que vai dirixido (nenas e nenos de 3 a 8 anos) interiorice máis facilmente a mensaxe da súa historia. *** MAXI-miliano é un tirano que mantén o seu país con man dura, prohibindo a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres. No norte do país rebélase Toribia, unha muller de armas tomar, poeta, revolucionaria e líder dun grupo de rock &roll. Con intelixencia, poesía e perdices consegue transformar a sociedade e alcanzar a igualdade entre mulleres e homes.

Ficha del libro

Año de edición
2019
Idioma
Gallego
Categoría
Infantil: de 10 a 12 años
ISBN
9788499953243

Envíos y devoluciones