O trasno de AlqueidónMarilar Aleixandre

O trasno de Alqueidón

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Marilar Aleixandre

Editorial: Xerais

Desde 11,20 €
O trasno de Alqueidón—
11,20 €

Este libro está formado por tres contos: '' O trasno de Alqueidón '' Inés e Diego teñen unha casa con faiado;unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire;como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man.'' Neve na Amaía '' Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa;teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns;este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe;cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita;esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico.'' Chave de Ponte, Chave de Carballo '' Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.

Ficha del libro

Año de edición
2002
Idioma
Gallego
Categoría
Infantil: de 10 a 12 años
ISBN
9788483027554

Envíos y devoluciones