
Un home sae do hospital despois de varias operacións e padecementos. Está moi enfermo. Regresa á súa casa para pasar o tempo que lle queda entre os seus. A súa familia quere mantelo encamado e baixo control, pero el escapa. Ten un proxecto que non se pode adiar: mercar un traxe novo. ''O traxe'', a peza gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2022, é un monólogo dramático que, facendo uso do humor negro, nos presenta un personaxe inquietante e complexo que, levado ao límite polas circunstancias, decide mostrarse ao mundo tal como é, pois xa nada ten que perder. Unha comedia cruel sobre a intolerancia, a violencia reprimida, a incomunicación e a morte.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2023
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Teatro
- ISBN
- 9788411103053
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







