Os corpos dos RomanovAlberto Ramos

Os corpos dos Romanov

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Alberto Ramos

Editorial: Galaxia

Desde 17,95 €
Os corpos dos Romanov—
17,95 €

Premio DE NARRATIVA BREVE Repsol 2022 Dous homes entran nun bar. Non se coñecen, nunca cruzaron palabra e non poden sospeitar que, cinco días despois, un morrerá a mans do outro. Niso terá moito que ver unha muller, Carol Kembler, a irmá dunha nena desaparecida trinta anos atrás. E un suceso insólito: a evacuación de Augsburgo durante o Nadal de 2016 ao descubrirse unha bomba da Segunda Guerra Mundial que non estourara. A cidade baleirada devorará a Matthias Lentz, a Wilhelm Wegener e á propia Carol nunha novela sobre o cruzamento involuntario de vidas e pasados, as cicatrices mal disimuladas do trauma e o silencio agreste do que permanece oculto. Pero tamén sobre o azar que move o mundo e os campos de minas que poden chegar a ser certas familias. Cun estilo literario inconfundible, ao tempo fráxil e punxente, Alberto Ramos constrúe en Os corpos dos Romanov unha intriga cativadora que atrapa a quen le na recámara onde cada segredo terrible agarda a súa detonación.

Ficha del libro

Año de edición
2022
Idioma
Gallego
ISBN
9788491519539

Envíos y devoluciones