
?Paso a paso?, un clásico de Leo Lionni de 1960, foi o seu primeiro libro de fábulas, protagonizado por unha astuta eiruga que se enxeñou para non ser devorada por diversas aves. As peripecias comezan cun paporrubio que sucumbe ante a curiosidade de saber cantos pasos mide a súa cola. Así é como este ocorrente insecto irá medindo o pescozo do flamengo, o peteiro do tucano e outras partes non menos singulares na anatomía dos paxaros que van aparecendo na historia. Ata que unha vez máis, en risco de ser engulido, o verme volverá sacar partido da súa intelixencia e imaxinación para saír airoso dun xeito que sorprenderá os lectores.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2018
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Infantil: de 3 a 4 años
- ISBN
- 9788484643784
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







