
Nenas e nenos de todo o mundo temos pasado horas inesquecibles de lectura ao abeiro das aventuras e das extravagancias de Pippi Mediaslongas, do seu mono señor Nilsson e do seu cabalo. Diversión, tenrura e humor, optimismo e ledicia son ingredientes deste clásico universal e imprescindible;dun personaxe literario convertido nunha icona contemporánea que inspirou unha serie na televisión sueca en 1969 e varias películas protagonizadas tanto por actores como por debuxos animados. Esta edición en galego conta coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2017
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Infantil: de 5 a 6 años
- ISBN
- 9788484643395
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







