PolaroidSuso De Toro

Polaroid

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Suso De Toro

Editorial: Xerais

Desde 19,90 €
Polaroid—
19,90 €

A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha autén-tica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada sobre o país: na ruptura co seu pasado, na esgazadura da cidade que esquece o campo, do presente que esque-ce o pasado. Un libro coa alma fracturada, concibido para mergullarse no seu tempo e pelexar furioso contra el. Foi precisamente esa vontade iconoclasta a que lle concedeu unha impresionante acollida por parte dos lectores e lectoras, converténdose nun libro polémico, discutido, grotesco, aplaudido, absurdo, desmitificador, burlón, innovador, crítico, hilarante, provocador... O propio Suso de Toro cualificouno daquela como «estalido de furia inspirado polo punk». «Polaroid», que recibiu o Premio da Crítica Galicia en 1987, enlazaba tanto co underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, cos medios de comunicación audiovisuais e coa música pop anglosaxoa. Hoxe é, sen dúbida, un clásico, un referente inevitable das nosas letras.

Ficha del libro

Año de edición
2021
Idioma
Gallego
Categoría
Narrativa
ISBN
9788491218425

Envíos y devoluciones