Ratos no trenXosé Manuel González Barreiro

Ratos no tren

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Desde 14,30 €
Ratos no tren—
14,30 €

Unha nova aventura dos roedores máis divertidos para aprender a viaxar en tren. Despois de Os ratos da casa, Ratos de viaxe e Ratos na escola, as novas andanzas destes encantadores roedores transcorren en tren, no que viaxan, se divirten e fan algunhas trasnadas. Dende o punto de vista literario, Ratos no tren mantén a estrutura dos títulos precedentes: estrofas de catro versos con predominio da rima consonante e palabras encadeadas. Este esquema acentúa o ritmo do relato, potencia a súa oralidade e facilita o seguimento da obra por parte dos primeiros lectores. A historia comeza achegándose á estación, onde a animada tropa sobe ao tren despois de visitar o quiosco e montar un banquete na sala de espera. A plataforma, as vías, os asentos, o bar, o revisor... lugares e personaxes familiares do ambiente ferroviario forman parte do vocabulario nesta divertida e ecolóxica viaxe. A proposta plástica creada por Natalia Colombo destaca polo seu luminoso colorido e os abundantes detalles que compoñen a variada escenografía.

Ficha del libro

Año de edición
2026
Idioma
Gallego
Categoría
Infantil: de 3 a 4 años
ISBN
9788413434629

Envíos y devoluciones