Shanghai a barcelonaAmador Castro Moure

Shanghai a barcelona

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Amador Castro Moure

Editorial: Xerais

Desde 18,90 €
Shanghai a barcelona—
18,90 €

Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso. '' Shanghai a Barcelona '' é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico. O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas. '' Shanghai a Barcelona '' é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.

Ficha del libro

Año de edición
2019
Idioma
Gallego
Categoría
Narrativa
ISBN
9788491215929

Envíos y devoluciones