
Teño 14 anos, e non é unha boa nova
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Jo Witek, Jimena Estíbaliz
Editorial: Kalandraka
Unha historia chea de esperanza sobre unha terrible realidade que sofren cada ano doce millóns de nenas no mundo: o matrimonio infantil. Efi regresa á súa casa na aldea tras o curso escolar na cidade. Aos seus catorce anos, as vacacións e o reencontro coa familia e amigos énchena de felicidade. Porén, a realidade non tarda moito en golpeala con forza: alcanzou a idade núbil e os seus pais prometérona en matrimonio. Os soños de seguir estudando para converterse en enxeñeira e axudar a mellorar as condicións de vida da súa contorna esnaquízanse. Efi loitará por todos os medios para evitar ese destino cruel que a familia e a tradición trazaron para ela. A voz libre e progresista da protagonista elévase como unha denuncia, como unha chamada de atención para cambiar as cousas neste magoante pero esperanzador relato da colección Tiramillas para lectoras e lectores autónomos a partir de 12 anos.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2023
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Juvenil: mas de 15 años
- ISBN
- 9788413432533
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







