
Tríptico do silencio
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Brigitte Vasallo
Editorial: La Oveja Roja
Co material da miseria, o desarraigo, a diáspora e o silencio, lánzase aquí un berro de vinganza polas historias negadas. Narrativa imposible en tres linguas.A miña lingua materna é a miseria, a diáspora, o silencio, a intemperie. As miñas linguas maternas son todas estas a pesar meu ou para alegría miña, todas estas que escribo mal, con faltas de ortografía, con pouco vocabulario, todas mesturadas e todas erradas. Mais hoxe, eiquí, deixo de escoller. E deixo de mentir: unha lingua non é só unha colección de sons, é tamén un desexo, unha interlocución. O Tríptico do silencio son tres libros semellantes mais distintos, nas miñas tres linguas maternas, para tres comunidades lingüísticas, se é que iso existe. Cada un dos tres está escrito, á súa vez, mesturando os tres idiomas: porque iso somos nós, o non ter un idioma común, o ir facendo como podemos. E porque é necesario un esforzo para entender unha historia que foi negada, afinar o ouvido, deixarse incomodar e entregarse un pouco, tamén, a gramáticas imposibles.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2023
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Juvenil: mas de 13 años
- ISBN
- 9788416227686
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones




