
Vantaxes e inconvenientes de case todo
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Xosé Cermeño
Editorial: Galaxia
Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas e perplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un pouco de acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes de case todo fala de libros, de cidades, de cociñas, de xentes ilustres, de persoas anónimas, de paisaxes e de barcos. Fala tamén do papel da escritura para apresar fragmentos da vida e observalos ao trasluz. Xosé Cermeño faino con humor e cun xeito moi persoal de sospeitar que case nada pasou como nolo contaron. O xénero das prosas breves tivo grandes cultivadores ao longo da historia, e está sempre disposto a renovarse, alimentado pola curiosidade e a intuición dos escritores máis inquietos. O máis pequeno pode ser literariamente moi grande e profundo. Ademais, como demostra este libro, tamén pode ser divertido.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2025
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Ficcion
- ISBN
- 9788411763967
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones


