
Voces da memoria na LIX
Bajo pedido
Te llega el 16 de noviembre
Autor: Red Temática de Investigación 'LIJMI'
Editorial: Xerais
A memoria, no seu sentido máis amplo, é o centro de interese de «Voces da memoria na LIX», o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Literatura Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) que, cada ano, achega unha publicación co propósito de que sirva de ferramenta nas tarefas de investigación e mediación entre o libro e a lectura. Aquelas persoas interesadas en obras como as autobiografías, os relatos de vida, as memorias, relatos de viaxes ou cartas, así como narrativas históricas, relatos biográficos, crónicas e reportaxes, entre outras, atoparán nesta publicación un artigo teórico introdutorio que dá paso a un conxunto de estudos panorámicos sobre o tratamento da memoria na Literatura Infantil e Xuvenil dos ámbitos castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro, chileno e mexicano. Tamén accederán a unha ampla selección de obras realizada polos membros da Rede de cada ámbito, así como a un conxunto de comentarios pormenorizados doutras. Trátase, polo tanto, dunha proposta que pretende axudar á educación literaria da infancia e da xuventude vencellada coa memoria.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2025
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Infantil y juvenil
- ISBN
- 9788411107334
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones

