Descubrindo Ana PontónSuso De Toro

Descubrindo Ana Pontón

Bajo pedido

Te llega el 16 de noviembre

Autor: Suso De Toro

Editorial: Xerais

Desde 13,80 €
Descubrindo Ana Pontón—
13,80 €

Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do nacionalismo galego, de xeracións de persoas comprometidas cunha causa que se visibiliza como froito dunha estirpe das mulleres galegas. Esta crónica de Suso de Toro acompaña a ilusión de centos de cidadás e cidadáns que ven en Ana Pontón a líder indiscutible que agarda gobernar Galiza como consecuencia dunha historia de resistencias e de afirmacións de liberdade;esa figura propia dun tempo novo en que as expectativas van da man dunha muller.

Ficha del libro

Año de edición
2023
Idioma
Gallego
Categoría
Biografias
ISBN
9788411104302

Envíos y devoluciones