
O capitán Samofar, famoso mergullador, paseaba tranquilamente polo fondo do mar cando apareceu un feroz tiburón. O tiburón atacou o capitán Samofar, mais un valente polbo, chamado Emilio, salvouno meténdolle ao peixe unha rocha na boca.Despois Emilio subiu o mergullador ata a superficie... ''Emilio'' é un clásico de 1960 que narra as aventuras dun valente e nobre pulpo. Á súa proeza salvando un mergullador do ataque dun tiburón, seguíronlle outras fazañas como socorrista e unha brillante colaboración cos axentes da orde para capturar uns perigosos delincuentes. Despois da boa ''Críctor'' (1958) e da canguro ''Adelaida'' (1959), Tomi Ungerer volve escoller un animal pouco convencional para protagonizar unha historia heroica, aberta ao humor e á imaxinación. Curiosamente, dende 1990, Tomi Ungerer é presidente de honra a nivel europeo da Sociedade para a Prevención do Maltrato Animal.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2016
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Infantil: de 5 a 6 años
- ISBN
- 9788484642473
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







