
Rufus era un morcego. Durante o día, penduraba do teito da súa cova e durmía. Polas noites, saía da cova e ía de caza. Unha noite, viu un cinema ao ar libre onde botaban un filme. Era a primeira vez que Rufus vía cores brillantes... ''Rufus'' é un clásico de 1961 ao que precederon outros álbums destacados nos que Tomi Ungerer elixía animais pouco convencionais como protagonistas: a boa ''Críctor'' (1958), a canguro ''Adelaida'' (1959) e o polbo ''Emilio'' (1960) tamén encarnaron intrépidas aventuras. Na historia do morcego que adoraba as cores, o autor critica os prexuízos da sociedade cara a quen é diferente ou se aparta dos canons establecidos.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2017
- Idioma
- Gallego
- Categoría
- Infantil: de 7 a 9 años
- ISBN
- 9788484643159
Envíos y devoluciones
Envíos y devoluciones







